www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

Fomento, sen data para a fin da peaxe de Rande
Política • 14/11/2018
Autor: Ana Prieto

O secretario de Estado de Infraestruturas, Pedro Saura, manifestou a vontade do Goberno de continuar coa tramitación do convenio para a liberación de peaxe na AP-9 entre Redondela e Vigo, pero non deu datas. Lembrou que previamente na área de Vigo é necesario acometer un estudo global na autoestrada que teña en conta tanto os efectos de novas conexións solicitadas na zona, como a liberación da peaxe de Redondela.


Esta foi a resposta á petición da Xunta durante a reunión bilateral de onte en Madrid,onde a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, reclamou datas concretas e advertiu "do compromiso adquirido con Galicia que debe cumprirse". Lembrou tamén que se trata dunha demanda "unánime" do Parlamento galego. A conselleira tamén reclamou o impulso ás obras pendentes, incluíndo reducir o ruído en Chapela e Teis, como reclaman os veciños, así como a remodelación da ligazón de Buenos Aires para que sexa de entrada e saída. Demandou tamén o resto de melloras xa previstas para Chapela e Trasmañó, aínda por realizar.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: