www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

O BNG celebra un acto informativo para dar conta das repercusións da futura estrada polos Eidos
Política • 14/11/2018
Autor: Ana Prieto

A Casa da Cultura acolle mañá xoves un acto informativo do BNG redondelán sobre a futura estrada que atravesará Cesantes, Quintela e Eidos, sendo nesta última zona onde terá unha especial afección, segundo se recolle no borrador do PXOM. Ás 20.00 horas.


Segundo explica o grupo nacionalista, esta infraestrutura proxectada no plan pretende desviar todo o tráfico de Pontevedra ao Porriño, e está previsto que a utilicen uns 30.000 vehículos ao día. Advirten desde o Bloque que, de levarse a diante "vai hipotecar o futuro desenvolvemento dunha zona altamente poboada do municipio, afectando tamén a Cesantes e Quintela". Explican que haberá afeccións a vivendas, contaminación acústica e contaminación por dióxido de carbono, entre outros prexuizos. Serán graves problemas para os veciños, os que xenere unha estrada "que non beneficia a ninguén", segundo indica o responsable local do BNG Anxo Lusquiños. No acto informativo que terá lugar mañá xoves, día 15, s 20.00 horas na Casa da Cultura, darán a coñecer a situación deste proxecto día de hoxe "así como as alegacións que contra o mesmo foron presentadas pola organización nacionalista e veciños afectados". Tamén se pretende adoptar acordos de futuras accións a levar a cabo, segundo explican desde a formación nacionalista.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: