www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

Aberto o prazo para solicitar subvencións municipais para a celebración de festivais
Institucional • 14/11/2018
Autor: Ana Prieto

O Concello de Redondela mantén aberto o prazo para a solicitude de subvencións para festivais non profesionais ata o próximo 5 de decembro. Con esta subveción búscase "mellorar os actos culturais de formato festival que se promoven dende asociacións e colectivos sen ánimo de lucro".


Esta liña de subvención está dotada cun total de 15.000 euros, e os festivais obterán a subvención en función dos puntos acadados no baremo que establece as bases. Na puntuación contarán aspectos como a traxectoria, a duración ou antigüedade do festival, a publicidade nos medios de comunicación, a difusión en redes sociais e as actividades complementarias que se organicen ao redor do festival, entre outros aspectos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: