www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

Iago Fernández: "O obxectivo do Campito F.S. é a permanencia e consolidar o grupo"
Deporte • 13/11/2018
Autor: Ana Prieto

Logo do empate da pasada fin de semana en Lugo, o equipo de Chapela está 12º da táboa na Terceira División logo de 8 xornadas disputadas. O presidente do club, Iago Fernández, explica que a vitoria é unha inxección de moral, e serve para seguir sumando a prol do obxectivo da permanencia.


Pero na directiva teñen tamén outra meta, que é "facer deste equipo un bloque que se manteña para a próxima temporada". Fernández lamenta que as numerosas baixas que se teñen dado nos últimos anos ao final de temporada obrigan a renovar boa parte do plantel. Isto supón comezar "case de cero" a nova temporada. O seu obxectivo para o próximo ano é que esta situación non se repita. O casilleiro do Campito suma 9 puntos logo de 2 vitorias, 3 empates e 3 derrotas. Desde hai catro xornadas contan con novo adestrador, Juan Costas, e traballan para mellorar os números do equipo. Con 18 goles a favor e 28 encaixados, son un dos equipos que recibe menos goles, pero son tamén o conxunto que menos diana anota no que vai de liga. O presidente entende que esta situación "é anecdótica". Sinala que esta temporada melloraron moito na portería, e confía en mellorar tamén o rendemento goleador do equipo nas próximas xornadas. Na próxima xornada reciben na casa ao Estrada Futsal, pechacancelas do grupo. A situación do rival non tranquiliza a Fernández, quen advirte que os mellores partidos do Campito F.S. foron "cos equipos de arriba". Insiste en que deben sari "a por todas" porque en caso de despiste "pode pasar de todo". No club confían tamén no apoio da súa afección para facerse coa victoria no pavillón de Chapela. Será o domingo ás 19.00 horas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: