www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

Redondela, unha historia, dúas vilas
Cultura • 12/11/2018

A sala Bronseval da Casa da Torre acolle a mostra "As dúas vilas", que recolle a historia de Redondela. Unha interesante exposición na que o visitante poderá descubrir o pasado des municipio, cando Redondela non era unha vila senón dúas: Vilanova e Vilavella. Unha distinción que rematou no século XIX, cando as dúas vilas se uniron definitivamente co remate dos señoríos xurisdiccionais.


A mostra, organizada pola Concellería de Cultura, inaugurouse coa participación da concelleira, Teresa París, e o director de arte e documentación da mostra, Telmo Crespo Tojeiro, así como do alcalde, Javier Bas. A concelleira de Cultura salientou que se trata dun estudo "en profundidade" da orixe das dúas vilas de Redondela, e en definitiva, da historia deste municipio. Faise así un repaso pola historia do centro de Redondela desde a antiguedade ata os anos vinte antes dos aterramentos que cambiaron a fisionomía da vila. Telmo Crespo explicou que é moita a documentación histórica que recolle a historia das dúas vilas, malia que "non sempre é doado acceder a ela". Para o director da exposición o máis importante é que os veciños coñezan que ata o século XIX, "o que hoxe coñecemos como Redondela, eran dúas vilas diferenciadas". A exposición componse de paneis de coidado deseño nos que a información se ofrece a partir de fotografías pertencentes a arquivos públicos e privados, documentos antigos e textos. Nas imaxes pode apreciarse tamén a antiga muralla e os documentos recollen a importancia que xa na aquela altura tiñan Redondela e o Camiño de Santiago. O alcalde, Javier Bas, agradeceu o traballo de todos os que colaboraron para facer posible esta mostra, e salientou a importancia de "coñecer o pasado" e poñelo en valor. Nesta mesma liña avanzou tamén o proxecto para recuperar o Cemiterio dos Eidos. Na exposición "As dúas ilas" destaca unha imaxe do antigo viaduto en construción que se custodia no Museo de Pontevedra e outra de principios do século XX da Rúa Picota. Poderá visitarse ata o 8 de marzo de 2019 en horario de 13.00 a 21.30 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código:

Audios relacionados co artigo
Teresa París concelleira de Cultura
A concelleira de Cultura salientou que se trata dun estudo "en profundidade" da orixe das dúas vilas de Redondela.
Telmo Crespo director de arte e documentación
Para o director da exposición o máis importante é que os veciños coñezan que Redondela eran dúas vilas diferenciadas.
Documentos e fotografías
Nas imaxes pode apreciarse tamén a antiga muralla e os documentos recollen a importancia que xa na aquela altura tiñan Redondela e o Camiño de Santiago.
Javier Bas alcalde
O alcalde salientou a importancia de "coñecer o pasado" e poñelo en valor eagradeceu o traballo de todos os que colaboraron para facer posible esta mostra.