www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

Redondela acolle unha xornada sobre prevención de riscos derivados da internacionalización
Institucional • 12/11/2018
Autor: Ana Prieto

A Consellería de Economía, Emprego e Industria imparte hoxe un curso dirixido a pemes no centro do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), en Rande. A actuación forma parte do Plan anual de actividades do Instituto e da súa oferta formativa para este ano.


O obxectivo desta iniciativa, dirixida a pemes, é informar e sensibilizar ao tecido empresarial da importancia da prevención de riscos laborais para proporcionarlles as directrices e ferramentas para unha xestión eficaz. Na xornada falarase, entre outros, dos riscos que poden xurdir nos desprazamentos empresariais e os requisitos esixibles en cada momento. Así mesmo, abordaranse as dificultades que se poden dar para poder garantir a seguridade e saúde dos traballadores, asegurando o cumprimento normativo das diferentes lexislacións. O fin último é garantir a seguridade e saúde dos traballadores das empresas inmersas nun proceso de internacionalización. A formación en prevención de riscos no traballo, encamiñada á mellora do nivel de coñecemento técnico, constitúe unha das ferramentas máis axeitadas para implantar na sociedade unha auténtica cultura da prevención. Esta actuación encádrase dentro do Plan Anual de Actividades do ISSGA, e forma parte da oferta formativa deste organismo para o ano 2018. A iniciativa enmárcase tamén na Estratexia Galega de Seguridade e Saúde Laboral 2017-2020. O curso terá lugar a partir das 10,15 horas no centro do ISSGA emprazado en Rande.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: