www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

Sapos e bruxas no Outonoteatro
Cultura • 9/11/2018
Autor: Ana Prieto

O auditorio do Multiúsos da Xunqueira acolle este domingo unha divertida comedia, pensada para público familiar, que nos mergulla nos contos tradicionais de bruxas e feitizos. "Sopa de Sapo", de Talía Teatro é a proposta desta semana. Ás 17.00 horas, entradas a 3 euros.


 


A compañía coruñesa chega a Redondela dentro da programación da Concellería de Cultura no Outonoteatro con esta obra para o público familiar, na que unha familia de bruxas prepara a cea: sopa de sapo... outra vez!. Unha obra de Artur Trillo con María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos e Rubén Prieto. O director explica que se trata dunha obra "de medo e de risa" na que podemos descubrir que ás veces, os malos, poden deixar de selo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: