www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

A Xunta trasladaralle a Fomento as demandas dos veciños de Chapela na comisión da AP-9
Política • 8/11/2018
Autor: Ana Prieto

A conselleira Ethel Vázquez Mourelle indica que demandará información sobre os avances realizados polo Ministerio para a liberación da peaxe de Redondela e as datas concretas nas que prevé executar as obras compensatorias comprometidas aos veciños de Chapela e Trasmañó pola ampliación da autoestrada.

 


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informou onte ao alcalde de Redondela, Javier Bas, o compromiso da Xunta de trasladarlle o próximo martes ao Ministerio de Fomento as demandas dos veciños de Chapela e Trasmañó, no marco da reunión da Comisión da AP-9. Vázquez Mourelle reuniuse co rexedor e expresoulle a vontade do Executivo autonómico de esixir que se manteñan os compromisos do anterior Executivo estatal, onde se pecharon acordos tan importantes como o compromiso de supresión da peaxe de Redondela. Neste sentido, avanzou a súa intención solicitar información concreta sobre os avances que ten realizado o Ministerio de Fomento e o calendario que manexa para a liberación da peaxe de Redondela. Así mesmo indicou que solicitará información sobre as datas concretas nas que prevé executar as obras compensatorias comprometidas aos veciños de Chapela pola ampliación da autoestrada. Na reunión o alcalde de Redondela trasladoulle a conselleira o interese do municipio pola súa defensa dos intereses dos veciños de Redondela, para os que pide "o mesmo trato que reciben os do Morrazo".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: