www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

Pazos estrea o III Ciclo de Tradición Oral "Falar por falar" con grandes narradores galegos
Cultura • 2/11/2018
Autor: Ana Prieto

Avelino Gonzalez, Quico Cadaval, Paula Carballeira e Cándido Pazó serán algúsn dos protagonistas desta terceira edición que arranca hoxe venres co actor e humorista ISI. Ao longo do mes de novembro todos os venres haberá dobre sesión: ás 13.30 para público infantil e xuvenil e ás 20.00 horas para adultos.


Un ano máis o Concello de Pazos de Borbén a través da Concellería de Cultura e da Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS" celebrará o Mes da Tradición Oral. O primeiro convidado, este ventres día 2, é o actor e humorista Isi. Ás 13.30 co espectáculo "Hai que ler máis" e ás 20.00 horas "Contos e anécdotas". A próxima semana, o día 9, é a quenda de Avelino González. Ás 13.30 co espectáculo "Non me gusta ler" e ás 20.00 horas "Contos de contrabando". O día 16 chega a Pazos o narrador e dramaturgo Quico Cadaval, coa sesión matinal de "Contos doutro mundo" e no serán "Lendas suburbanas" para público adulto. A cuarta proposta chega o día 23 coa actriz Paula Carballeira. Ás 13.30 con " Historias de arrepío" e ás 20.00 horas "Os contos que me contaron". Pechará o cliclo Cándido Pazó, o día 30, co espectáculo para todos os púcblicos "Así mo contaron" na primeira sesión, e a peza para adultos "Que comerá o rei?" ás 20.00 horas. Todas as actuacións serán no auditorio do Concello con entrada de balde. O ciclo está patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: