www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

Unha mostra bibliográfica para a exposición "Unha ponte de libros infantís. Jella Lepman"
Cultura • 31/10/2018
Autor: Ana Prieto

O Multiúsos da Xunqueira acolle unha exposición dedicada á escritora e xornalista Jella Lepman. Esta alemá de orixe xudía creou en 1949 a Biblioteca Internacional da Mocidade en Munich, un dos proxectos cos que contribuíu ao entendemento internacional a través da literatura infantil .


A exposición articúlase ao redor dunha selección bibliográfica de autores infantís e xuvenís que recibiron desde 1956 ata a actualidade o Premio Hans Christian Andersen, promovido por Lepman. Trátase do máis alto galardón outorgado na literatura infantil e xuvenil, coñecido como "o pequeno Nobel". A xoia da mostra son os "Cuentos de las Buenas Noches", Jella Lepman (1951), nunha 1ª edición da editorial Juventud do ano 1967, "unha rareza de moi difícil localización" . Este libro contén unha selección de historias para durmir elaborada a partir da colaboración de cidadáns anónimos que enviaron miles de historias das que se fixo unha selección publicada orixinalmente en tres volumes. Na inauguración da exposición estivo presente Teresa Zataraín, editora para España da autobiografía de Jella Lepman "Un puente de libros infantiles", quen salienta o papel transformador de Lepman nunha Alemaña destruida pola II Guera Mundial. Foi unha verdadeira "visionaria" ao abrir a ollada dos nenos e mozos ao mundo exterior a través dos libros. Pariticiparon tamén Javier Bas, alcalde de Redondela, Mª Teresa París, concelleira de Cultura, Telmo Crespo, secretario da Fundación Filomena Rivero Alonso, organizadora da exposición, e Mª Elena Becerra, responsable das Bibliotecas Municipais de Redondela, colaboradoras da mostra. A exposición "Unha ponte de libros infantís. Jella Lepman" permanecerá aberta ao público ata finais de ano.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: