www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

Soutomaior e Arcade acollen o Campionato Galego de Seleccións Comarcais sub 14 e sub 15
Deporte • 31/10/2018
Autor: Ana Prieto

Mañá xoves celebrarase nos campos municipais de fútbol de Arcade e Soutomaior a primeira fase deste campionato con máis de 300 nenos e nenas. Participarán as seleccións de Vigo, Pontevedra, Ferrol, A Coruña, A Costa da Morte, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense.


Haberá categorías masculinas e femininas de sub 14 e Sub 15. No Campo de Salgueirón de Arcade enfrontaranse os de categoría masculina e campo de Candán (Graciano Padín) disputaranse os partidos femininos. Os partidos serán de dous tempos de 25 minutos, con 5 minutos de descanso.


Este campionato servirá para probar o novo céspede sintético de última xeración do campo de fútbol de Arcade e a nova iluminación e instalacións do campo de fútbol de Soutomaior. A cita está organizada pola R.F.G. de Fútbol e o Concello de Soutomaior, coa colaboración do C.D.Soutomaior e C.D.Arcade. A entrada será gratuíta para todos os partidos nas dúas sedes.


Categoría masculina : 10.00 horas Santiago-Ourense; 11.00 Pontevedra-Costa da Morte; 12.00 A Coruña-Vigo; 13.00 Lugo-Ferrol; 16.00 Pontevedra-Santiago; 17.00 Vigo-Ourense: 18.00 Costa da Morte-Lugo; 19.00 Ferrol-A Coruña.


Categoría feminina: 10.00 Santiago-Ourense; 11.00 Pontevedra- A Coruña; 12.00 Vigo- Lugo; 13.00 Ferrol-Santiago; 16.00 Pontevedra-Ourense; 17.00 Lugo-A Coruña; 19.00 Ferrol-Vigo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: