www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

O F.S. Pazos de Borbén pelexa por manter o liderado nunha liga moi igualada
Deporte • 31/10/2018
Autor: Ana Prieto

O equipo de Fran Amoedo ocupa a primeira praza da Terceira División logo de adiantar ao Parrulo no partido disputado a pasada fin de semana. O técnico confía en manterse na parte alta da táboa e pelexar polo ascenso, malia que recoñece que será un obxectivo difícil esta temporada "coa liga máis igualada dos últimos anos".


Un partido tolo, sen moita táctica e con moitos goles, deu como resultado unha vitoria do Pazos sobre o Parrulo por 10-6. Un triunfo que lle serviu para colocarse como líder do grupo. Unha posición que é "anécdótica" para Amoedo neste comezo de liga, pero que lles permite seguir aspirando ao seu obxectivo: pelexar polo ascenso. O técnico sabe que é un obxectivo moi complicado, cunha liga moi igualada este ano. De feito entre o segundo, o Parrulo, e o cuarto clasificado, o Santa Isabel, hai empate a puntos. Fran Amoedo salienta que "case con calquera rival podes gañar ou perder un partido", polo que manterse fortes na casa será "imprescindible" para acadar o obxectivo. Mañá xogarán en terras lucenses, no pavillón municipal de Outeiro de Rei, o partido da xornada adiantado ante o Santa Isabel. Un encontro complicado para os de Pazos, xa que os anfitrións, malia ser un recén ascendido, teñen demostrado moita calidade, e a superficie de xogo tampouco favorece aos de Amoedo. O partido será mañá ás 12.30 horas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: