www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

Alternativa Veciñal esixe ao goberno local de Pazos a retirada de símbolos franquistas
Política • 29/10/2018
Autor: Ana Prieto

A agrupación denuncia que, lonxe de eliminar estes símbolos, como marca a Lei de Memoria Histórica, o Concello de Pazos "recupéraos e dálles brillo". Poñen como exemplo a recuperación de varios lavadoiros nos que o goberno local limpou pedras gravadas co xugo e as frechas falanxistas.


Alternativa Vecinal de Pazos lembra que a Lei da Memoria Histórica di no seu artigo 15 que as Administracións públicas, no exercicio das súas competencias "tomarán as medidas oportunas para a retirada de símbolos de exaltación da sublevación militar, da Guerra Civil e da Ditadura". Desde AV denuncian que o Concello de Pazos de Borbén "non só incumpriu esta obriga legal senón que, lonxe de retirar símbolos franquistas, deulle brillo". Explican que nas recentes reformas de varios lavadoiros limpáronse e deixáronse no seu lugar pedras gravadas co xugo e as frechas falanxistas. A formación entende que, ademais da obriga legal, o Concelelo debería ter o compromiso "ético" de velar pola retirada de símbolos de exaltación da ditadura. Desde AV anuncian que "por compromiso cos valores democráticos e por respecto ás vítimas" van levar ao pleno da corporación unha moción solicitando que o Concello adopte as medidas precisas para cumprir de inmediato a Lei de Memoria Histórica.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: