www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

Proxección e obradoiro de debuxo de Paxaretas
Sociedade • 27/10/2018
Autor: Ana Prieto

A Asemblea Feminista Paxaretas celebra esta tarde unha actividade dirixida ás familias. Proxectarán o video da representación do Festival Internacional de Títeres de Redondela e levarán a cabo un obradoiro de debuxo. Coas obras realizarán o Calendario de Paxaretas 2019. A cita é na Casa da Cultura ás 17.30 horas.


Paxaretas proxectará o vídeo da representación da actuación do Festival Internacional de Títeres de Redondela realizada na pasada edición: "O libro das esquecidas". Logo da proxección, celebrarán un obradoiro de debuxo onde os participantes poderán formar parte coas súas obras do Calendario de Paxaretas 2019. Así mesmo, ao rematar a xornada, os asistentes recibirán un agasallo sorpresa pola súa participación.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: