www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

Máis de 800 moteiros daranse cita na VI Motocallada que organiza o club redondelán
Sociedade • 26/10/2018
Autor: Ana Prieto

O Moto Club Redondela organiza a que xa é unha cita obrigadas para os amantes das dúas rodas, a Motocallada, que este domingo día 28 chega á súa sexta edición. Faino coa preparación de máis dun milleiro de racións de callos, empanadas e unha ruta en moto pola comarca.


Carlos Figueroa, presidente do club redondelán, afirma que preparan a cita "con moita ilusión" e confiando en superar os 800 participantes da edición anterior. Está confirmada a asistencia de moteiros de clubs de toda Galicia, e tamén do norte de Portugal. A avenida de Mendiño acollerá a cita desde as 10.00 horas, as racións de callos venderanse a un prezo de 5 euros, que inclúe pan e sobremesa. Tamén haberá almorzo de café de pota e biscoito para os que desexen almorzar no recinto. Durante a Motocallada sorteásense dous xamóns e chourizos, e haberá postos de roupa para moteiros. Tampouco faltará a ruta moto-turística pola comarca con saída do recinto ás 12:00 horas. Farán o percorrido por Reboreda, Amoedo, Pazos, Moscoso, Calvos, encoro de Eiras, Caritel, Forzáns, Fornelos, Oitavén e regreso por Moscoso de novo ata Redondela, con chegada prevista ás 13.00 horas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: