www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

Fomento e Audasa plantan ao Concello de Redondela na Comisión de Seguemento da AP-9
Política • 25/10/2018
Autor: Ana Prieto

A Comisión de Seguemento das obras da AP9, celebrada onte, non contou con ningún representante do Ministerio de Fomento, nin tampouco da empresa concesionaria da autoestrada. O "plantón" causou indignación entre os políticos e os colectivos sociais. O ministerio asegura que reporá viarios e instalará pantallas acústicas cun orzamento total de 9 millóns de euros.


Si acudiron membros da Unión Temporal de Empresas Rande, que decidiron abandonar a xuntanza ao non acudir ninguén do ministerio nin da concesionaria. Na xuntanza, tanto o Concello de Redondela como os colectivos sociais tiñan previsto reclamar unha vez máis "prazos concretos" para as obras de reposición e melloras comprometidas en Chapela e Trasmañó, así como a instalación de pantallas acústicas para reducir o ruído que soportan os veciños que residen nas próximidades da AP-9. A reunión comezou e rematou en poucos segundos, ao non comparecer ningún responsable do goberno central nin de Audasa, a empresa concesionaria. A tenente de alcalde de Redondela, Carmen Amoedo, lamentou o "plantón" e lembrou que a comisión se convocou con 15 días de antelación. Explica que os representantes de Fomento son os mesmo que xa estaban co anterior Goberno de Rajoy, pero non acudiron á xuntanza. Segundo Amoedo, o problema é "que non teñen autorización de Madrid". Denuncia que co cambiou de Executivo "cambiaron as formas" o que cualifica de "falta de respecto con Redondela". Pola súa banda, o ministerio de Fomento acusou ao Concello de Redondela de realizar unha convocatoria "unilateral, sen estar cursada en tempo e forma". O ministerio asegura que reporá viarios e instalará pantallas acústicas cun orzamento total de 9 millóns de euros.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: