www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

Olga Rodríguez Puga presenta a súa candidatura ás primarias do PSOE para optar á alcaldía
Política • 24/10/2018
Autor: Ana Prieto

Os socialistas de Redondela celebrarán primarias o próximo 18 de novembro e o prazo de presentación de candidaturas está aberto ata mañá xoves, día 25. Polo de agora a súa é a única proposta, malia que non se descartan máis. Preséntase como unha opción "de ilusión e futuro para a agrupación socialista".


Nas próximas eleccións municipais, en maio de 2019, o PSOE redondelán tentará recuperar a alcaldía logo de dous mandatos do PP co goberno de Javier Bas en minoría. O cabeza de cartel sairá da elección en primarias, e os candidatos teñen de prazo ata mañá xoves para facer as súas propostas. A partir do 5 de novembro os precandidatos terán que recoller e presentar os avais para dar validez á candidatura. Será o domingo, 18 de novembro, cando os socialistas redondeláns decidan en votación quen liderará a súa lista nos comicios municipais. De resultar a proposta máis votada, ou ser a única, Olga Rodríguez sería a primeira muller que encabeza a candidatura socialista en Redondela. Haberá que agardar a mañá, pero fontes do partido apuntan que podería haber outro precandidato, Leonardo Cabaleiro, concelleiro socialista e actual secretario xeral do partido na localidade. No caso de Rodríguez Puga, a xa precandidata leva máis de 20 anos traballando no Rexistro da Propiedade de Redondela, ademáis de compartir a xerencia dun negocio


con varios establecemetos, un deles en Redondela. Preséntase como unha opción "de ilusión e futuro para a agrupación socialista". Afirma que o obxetivo é acadar un goberno progresista "nunha vila que maioritariamente é de esquerdas onde non se pode deixar gobernar ao PP." Rodríguez Puga formou parte do Comité Nacional de Ética do PSdeG e foi membro do comité nacional. Actualmente forma parte da executiva nacional do PSdeG.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: