www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

A Xunta insta a Fomento a que liberalice a peaxe de Rande e cumpra os compromisos con Chapela
Política • 22/10/2018
Autor: Ana Prieto

Xunta e Ministerio de Fomento manterán hoxe unha nova rolda de negociacións na comisión mixta sobre a Autoestrada do Atlántico. O obxectivo do goberno galego é conseguir unha data concreta para suprimir a peaxe entre Redondela e Vigo. Mentres o PSOE redondelán afirma que o alcalde "minte e oculta a falta de tramitación das reposicións da AP9 por parte do anterior goberno de Rajoy".


O compromiso do anterior goberno central contemplaba que ao longo deste ano, entre agosto e setembro, desaparecería a peaxe de Redondela a cambio dunha compensación a Audasa, empresa concesionaria da autoestrada, cun incremento da tarifa xeral. Co cambio de goberno, o novo ministro, José Luís Ábalos, explicou que enviara varios escritos a Audasa, e que estaba pendente da súa resposta. En paralelo, a conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez, reclamará na comisión mixta que se cumpran "todos os compromisos" do convenio sobre reposición de camiños en Chapela pola ampliación da autoestrada, así como a construción do novo colexio Igrexa e a instalación de pantallas anti-ruído. Este último compromiso foi ratificado a pasada semana en Redondela polo deputado socialista Guillermo Meijón.


Críticas do PSOE redondelán á xestión de Bas


Dende o PSOE redondelán apoian as reivindicacións veciñais sobre as reposicións da autoestrada, pero son moi críticos coa actuación do alcalde, Javier Bas, ao que acusan de "inacción e servilismo ao PP " nos últimos anos. Un exemplo desto para eles é "a non convocatoria por parte do goberno local da Comisión de Seguemento de Obras da AP9 dende xaneiro de 2018". Advirten que en poucos meses o goberno socialista pediu un informe económico a Facenda e outro a Estradas do Estado "para garantir a seguridade dos viais que realicen". Os socialistas afirman que "pese a que o alcalde de Redondela decía que só faltaba a aprobación do Consello de Ministro tras a aprobación do Consello do Estado, isto non é así". Lembran que goberno de Rajoy non aprobou as reposicións da AP9, "malia que tivo varias ocasións para facelo". Afirman que os compromisos do anterior goberno eran só "papel mollado" xa que non se realizaron as xestións necesarias. Denuncian que o goberno municipal "está utilizando a loita da cidadanía para facer campaña electoral". En canto ao manifesto presentado polo alcalde aos Consellos Parroquiais de Redondela critican que fora redactado "de forma unilateral sen pasar polo pleno". Lamentan que a convocarotia de moitos destes consellos foron "en apenas 48 horas" e "ás présas pola campaña electoral iniciada polo PP". Poñen o exemplo do Consello Parroquial de Trasmañó, parroquia afectada, que non se puido celebrar por falta de asistencia

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: