www.radioredondela.com | Hoxe é Sábado, 7 de Decembro de 2019 |
Mellora da seguridade viaria en Negros coa ampliación do entronque da N-555 con Sapal
Institucional • 22/10/2018
Autor: Ana Prieto O ancho do acceso duplícase, ao pasar dos 3,5 aos 7 metros, cun paso seguro para peóns. A mellora do cruce, demandada polos veciños, servirá tamén de acceso ao novo parque que se construirá nos terreos cedidos polo Adif sobre o falso tunel do AVE. Xa están en marcha as obras de ampliación do entronque da N-555 con Sapal, na parroquia de Santo Estevo de Negros. Trátase dunha obra moi demandada polos veciños da zona, xa que supón unha importante mellora na seguridade viaria deste acceso, tanto para os conductores como para os peóns. Ata agora a anchura na saída á estrada nacional era de 3,50 metros. Tras as obras do AVE quedou unha explanada duns 6 metros aproximadamente e que permanecía por fóra da bionda. Agora cos traballos na zona retírase a bionda de 18 metros de longo, o que permite ampliar a estrada ata uns 7 metros, cun paso seguro para os peóns. O importe da actuación ascende a 22.000 euros. |
Comentarios |
|
|