www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

Aena insonoriza en Redondela 16 vivendas máis dentro do Plan de Illamento Acústico do Aeroporto
Sociedade • 19/10/2018
Autor: Ana Prieto

A Comisión de Seguimento Ambiental do Aeroporto de Vigo aprobou a insonorización dun total de 32 vivendas afectadas polos ruídos no aeroporto de Peinador. A metade delas son do municipio de Redondela, e as demais de Mos. Aena achega para os traballos de illamento acústico 346.000 euros. O grao de execución do Plan é superior ao 70%.


A comisión, formada por representantes do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a Xunta de Galicia, Aena e os concellos de Redondela, Mos e Vigo tramitou a aprobación destas 32 actuacións, para as que Aena achega 346.000 euros. Cándido Vilaboa, representante de Redondela na comisión, explica que a metade das vivendas que es van beneficiar desta nova partida son de Redondela. Tamén se informou de actuacións noutras 25 vivendas que están pendentes da conformidade dos propietarios. Desde a última reunión da Comisión recibíronse novas solicitudes de insonorización, o que deu lugar a que nesta se puidese tramitar a inclusión doutros seis inmobles máis, unha vez que se comprobou que están situados dentro da "pegada acústica" do aeroporto. Ademais, confirmouse a finalización de obras en vivendas por un importe superior aos 126.000.00 euros. Até o momento, das 275 solicitudes de insonorización que foron aprobadas, 113 foron xa illadas acusticamente e outras 81 atópanse en fase de execución, o que representa un grao de execución do Plan superior ao 70%.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: