www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

Bas xustifica o gasto de 130.00 euros na Alameda porque as obras eran"unha necesidade"
Política • 17/10/2018
Autor: Ana Prieto

Desde a alcaldía rexeitan as críticas do BNG, que cualifican de "absurdas", logo de que a formación nacionalista criticase "o despilfarro" de cartos públicos na reforma da Alameda Castelao. Desde o Concello afirman que os setos de buxo atopábanse "en moi mal estado". Explican que o anterior sistema de enreixado deixaba as raíces das plantas "ao aire", e a instalación dos bordos de pedra "permite cubrilas de terra e evitar o seu deterioro".


Adiantan desde o goberno local que nas vindeiras semanas procederase a botar o xabre, unha actuación tamén moi necesaria xa que "a erosión e a falta de mantemento durante anos provocou que as canalizacións eléctricas sairan á superficie". Rexeitan as críticas do BNG, que cualifica de "despilfarro" o gasto na Alameda Castelao, e defenden que o investimento neste "emblemático" lugar era "necesario e urxente". A alcaldía desminte tamén o cálculo feito polo grupo nacionalista sobre o custo das obras, que cifran en 180.000 euros, "cando as licitacións e o gasto para o Concello foi de 131.000 euros".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: