www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

Redondela mobilízase
Política • 17/10/2018
Autor: Ana Prieto

O Concello de Redondela organiza hoxe unha concentración ante a Subdelegación do Goberno, na que o Alcalde de Redondela Javier Bas fará entrega á Subdelegada do manifesto apoiado por un total de 45 colectivos veciñais, sociais, culturais e deportivos do municipio, onde se esixen os compormisos que Fomento adquirira con Redondela en compensación polas obras de ampliación da AP-9.


Desde o Concello lembran que os compormisos "xa eran firmes" con toda a documentación avanzada, polo que reclaman que o actual goberno central "non paralice" eses proxectos. A concentración será ás 11.00 horas na Subdelegación do Goberno en Pontevedra. Sairán autobuses gratuitos desde o pavillón de Chapela ás 9.30 e desde Redondela, na praza da Farola, ás 10.00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: