www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

A asociación veciñal de Chapela denuncia que o peirao de Cardona é "un desgüace náutico"
Sociedade • 16/10/2018
Autor: Ana Prieto

A Asociación de Veciños de Chapela vén de denunciar ante o 112, Capitanía Marítima e Autoridade Portuaria o grave problema que existe no peirao de Cardona pola presenza de varios barcos afundidos. Advirten que estas embarcacións supoñen un dano para o medio ambiente, xa que causan vertidos e xeran residuos, ademais de perxudicar á estética do paseo.


Lamentan que o que debería ser unha zona de esparcimento e cunha boa imaxe no paseo marítimo da parroquia, hai tempo que resulta "todo o contrario". Lembran que desde hai varios anos está proxectado neste lugar a construción ou habilitación dunha piscina de mar, e denuncian que "lonxe de ser destinado a este cometido, estase a converter nun desgüace náutico".


Arranxo da iluminación


Dende a Asociación de Veciños de Chapela felicítanse polo arranxo da iluminación nas principais Avenidas da parroquia. Sinala que despois de moitas chamadas "de forma constante e durante varios anos", tanto á Policía local de Redondela como ao departamento de Vías e Obras do Concello, xa se resolveu o problema. Neste sentido "aplauden" ao Concello pola mellora nunha cuestión "tan básica e necesaria como o alumeado público".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: