www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

O Choco escala posicións grazas ao pechacancelas
Deporte • 15/10/2018
Autor: Ana Prieto

Os de Redondela conseguiron deixar os tres puntos en Santa Mariña. Malia que o Polvorín se adiantou no marcador, os de Gonza Fernández seguen invictos como locais. Outra cousa son os resultados fóra, xa que os choqueiros perderon en todos os seu desprazamentos.


Terceira División


Choco 3-1 Polvorín


No referente ao duelo de onte, comezou anotando o ex-choqueiro Escobar para o Polvorín. Pero os redondeláns non baixaron os brazos e Comis empatou de cabeza aos oito minutos do segundo acto. Fóronse arriba e Cora anotou dous goles consecutivos que deixaron o tres puntos en Redondela. A próxima semana visitan o campo do Céltiga.


Choco: Cortegoso; Nacho, Chisco, Aitor Cañedo (Miguel Fiuza, min. 87), Xian; Comis, Alberto Suárez, Caloi; Gabri, Félix (Davicín, min. 67), e Cora (Zamo, min. 84).


Polvorín: Cacharrón; Varo (Pablo Rei, min. 82), Pedro López, Matías, Manu Mariña (Morais, min. 84); Álex Rei, Javi Rei, Gustavo, Porrúa (Juan Brunet, min. 67); Escobar e Rayco.


Goles: 0-1, min. 23: Escobar; 1-1, min. 53: Comis; 2-1, min. 77: Cora; 3-1, min. 82: Cra.


Primeira Galicia


Arcade 1-2 Domaio


Os de Souotmaior baixan na táboa. A próxima semana xogan no campo do pechacancelas, o Gondomar


Segunda Galicia


Atlético Vilar 0-0 Chaín


Os de Mon Sanromán conseguiron sumar un punto en San Martiño ao Chaín, un dos equipos máis fortes do grupo. O domingo xogarán no campo do Nieto, un dos equipos da parte baixa da táboa.


Moraña 1-1 Cesantes


O Cesantes sumou un punto importante no campo do Moraña, pero non é suficiente para deixar os postos baixos da clasificación. O domingo recibirán ao Noalla, cos do Salnés na metade da táboa.


Terceira Galicia


Matamá 4-1 Chapela


O Chapela non puido facer nada no campo do líder, o Matamá, moi superior aos redondeláns. Máis probabilidades terán de sumar o próximo domingo, reciben ao Pereiró, da parte baixa da táboa.


BALONMÁN  División de Honra Prata Feminina


Lavadores 23-14 SAR Rodavigo


As de Chini non foron quen de seguir o ritmo do equipo vigués, moi reforzado esta temporada. A próxima semana reciben ao Sieiro, na parte baixa da táboa.


Seis do Nadal 26-21 Cíes Chapela


As de Chapela seguen sen sumar nesta liga, e xa van cinco derrotas. Esta fin de semana reciben en Chapela ás canarias do Zonzamas.


Primeira Nacional Masculina


Xixón 23-28 Chapela


Os de Fran Teixeira protagonizaron un excelente partido en Xixón, e xa son o 2º equipo do grupo, a tan só un punto do líder, o U. Financiera. A próxima fin de semana volven xogar fóra, pero cun desprazamento moito máis curto, que os enfrontará ao C.Castro.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: