www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 11 de Decembro de 2018

A vendima no Castelo de Soutomaior bate marcas con preto de 18.000 quilos de uva
Sociedade • 8/10/2018
Autor: Ana Prieto

A producción superou en 2.000 quilos á recollida o ano pasado. A adega Señorío de Rubiós, das Neves, foi a encargada da recolleita das distintas variedades dos viñedos do Castelo: albariña, godello e torrontés. Como novidade, a Deputación de Pontevedra tamén puxo en marcha a iniciativa "Vendima con nós", coa que se promoveu o turismo sustentable e desestacionalizado.


Este ano a empresa gañadora da poxa pública foi a adega Señorío de Rubiós, das Neves, que recolleu un total de 17.754,5 quilos de uvas. Como novidade, nesta vendima as uvas foron separadas por variedades e, foron recollidos 15.575 quilos de uva albariña, 1.671,5 quilos de godello e 508 quilos de torrontés. En total, os preto de 18.000 quilos de uva amosan un incremento de case 2.000 quilos con respecto á vendima do ano pasado. Por cuarto ano consecutivo, as empresas interesadas en vendimar a uva do Castelo de Soutomaior puideron presentar as súas propostas. O único criterio de adxudicación que se tivo en conta dende a institución provincial foi a poxa máis alta, partindo dun prezo mínimo establecido. A Deputación de Pontevedra tamén puxo en marcha este ano no Castelo outra iniciativa en relación á viticultura, como foi "Vendima con nós", a través da cal se promoveu o turismo sustentable, desestacionalizado e de calidade nas Rías Baixas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: