www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 11 de Decembro de 2018

Bas clama contra Fomento e convoca unha asemblea en Chapela para mobilizar aos veciños
Política • 5/10/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O alcalde de Redondela, Javier Bas daba un ultimato ao Ministerio de Fomento o pasado mércores. No caso de que non se concretaron prazos e datas para a fin da peaxe e a realización das obras pendentes en Chapela e Trasmañó anunciaba a posta en marcha de mobilizacións lideradas dende o propio goberno local. Trala visita de José Luis Ábalos a Galicia que cualificou de "decepciónante xa que seguimos coa mesma falta de información e concreción que nos atopábamos antes da súa chegada" convoca aos axentes sociais de Chapela, Trasmañó e Cedeira a unha reunión o luns ás 20:00 horas no multiúsos do Piñeiral do Crego.


Para Javier Bas é "inexplicable que transcorridos 4 meses dende o seu nomeamento, o ministro de Fomento veña a Galicia e non dea resposta a cal será a data de inicio das obras complementarias comprometidas por Fomento en Chapela e Trasmañó tras a ampliación da AP9, nin concrete a data de retirada do peaxe inxusta de Rande".


Dende o Concello de Redondela "amosámonos indignados ante a falta de sensibilidade do ministro cos veciños que sufriron as obras de ampliación da AP9 sen obter beneficio algún, soamente prexuízos e molestias". Estas demandas, que incluían a colocación de pantallas contra o ruído e a mellora do entorno das obras de ampliación "foron comprometidas por Fomento e a día de hoxe non teñen data de inicio".


Ante esta situación e a "falta de sensibilidade do novo goberno socialista instalado en Madrid" convocan aos axentes sociais de Chapela, Trasmañó e Cedeira a unha xuntanza o próximo luns día 8 ás 20:00 horas no Multiusos de Chapela para informar da situación actual e determinar as accións a levar a cabo ante esta inxustiza contra a veciñanza.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: