www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 11 de Decembro de 2018

Recital poético multilingüe na Praza de Figueroa
Cultura • 4/10/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O Obradoiro internacional de Tradución Poética "Con Barqueira e Remador" que estes dáis está a celebrar a súa VII edición na illa de San Simón, achega a Redondela unha actividade aberta a todo público, un recital multilingüe que contará coa participación de seis poetas internacionais acompañados da coordinadora do obradoiro Yolanda Castaño o vindeiro venres ás 20:00 horas na Praza de Figueroa.


Un ano máis seis poetas de seis países diferentes de todo o mundo, danse cita na Illa de San Simón para compartir os seus traballos poéticos a través dunha lingua franca, nesta ocasión por vez primeira o castelán, e traducir as súas obras ao galego.


Para facer partícipe ao público en xeral deste obradoiro e como actividade en paralelo este venres a partir das 20:00 horas na praza de Figueroa. Poderase escoitar aos autores participantes recitando no seu propio idioma:  Abdul Hadi Sadoun en árabe, Rosa Alice Branco en portugués, Xosé María Álvarez Cáccamo en galego, Miren Agur Meabe en euskera, Subhro Bandopadhyay en bengalí e Timo Berger en alemán. A continuación será Yolanda Castaño que recite os mesmo textos en galego.


Un acto gratuíto e aberto que servirá de peche para este obradoiro e no que os escritores contará tamén cunh convivencia cultural na Asociación Cultural de Cesantes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: