www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 11 de Decembro de 2018

Alumnos de Cesantes e O Viso quedan sen transporte escolar para desprazarse ao Instituto
Sociedade • 2/10/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Dende que deu comezo o presente curso ao redor de 40 alumnos de Bacharelato das parroquias de Cesantes e do Viso quedaron sen transporte escolar, un servizo que segundo aseguran dende o BNG "ata o de agora viñan empregando sen ningún tipo de problema". A formación nacionalista, malia recoñecer que a Administración non ten obriga de prestar este servizo por ser un ensino non obrigatorio, reclaman unha solución á Consellería e critican que os pais que se dirixiron a este departamento por escrito "non teñan recibido ningún tipo de resposta".


Esta situación afecta a preto de 40 alumnos e provoca problemas a moitas familias ao non poder compaxinar os seu horarios laborais á hora de levalos e recollelos.


"Dende o BNG somos coñecedores que por ser un ensino non obrigatorio, a Administración non ten obriga de prestar este servizo  ao alumnado de Bacharelato, máis neste caso a de terse en conta que estes non dispoñen de alternativa de transporte público para asistir as súas clases e sendo ademais alumnos menores de idade debería dárselle unha solución" indica o Responsable Local do Bloque, Anxo Lusquiños


Dende a empresa alegan a falta de capacidade do autobuses que cobren estas liñas, para acoller aos alumnos de ESO e Bacharelato, situación que provoca "un trato discriminatorio destes alumnos cos de outras parroquias, que si dispoñen deste servizo".


Diante desta problemática un grupo de pais e nais xa se dirixiron por escrito a Consellería expoñendo estes feitos, sen que ata o de agora tivesen ningún tipo de resposta. Como solución provisional organizáronse para facer quendas e levar así os rapaces a clase.


Dende o BNG demandan da Consellería "que se reforce a liñas de transporte" e esixen a intervención do propio alcalde para buscar unha solución a este problemática.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: