www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

Un gol de penalti transformado por Comis sérvelle ao Choco para empatar ante o Somozas
Deporte • 1/10/2018
Autor: Ana Prieto

A falta de acerto de cara á portería evitou que os de "Gonza" pasaran onte do empate ante o Somozas en Santa Mariña. No fútbol da bisbarra tamén puntuou o Arcade, que gañou ao Portonovo. En fútbol sala gañaron Redondela e Pazos, e empatou o Campito. No balonmán local só conseguiu sumar o Rodosa Chapela, cun empate en Ribadavia.


Terceira División



Choco 1-1 Somozas


Quique Cubas adiantou aos de Ferrolterra aos 22 minutos de xogo nun erro defensivo local. Logo o Choco tivo numerosas ocasións para empatar o encontro, e mesmo remontalo, pero non tiveron acerto de cara á portería rival, e o dominio do xogo non se transformou en vitoria. Só desde os 11 metros foi quen o Choco de anotar o gol do empate no minuto 56, cun lanzamento de Comis .O empate deixa aos de Redondela na 14ª posición da táboa. A próxima xornada xogarán no campo do pechacancelas, o Ourense FC


Choco: Cortegoso; Nacho, Fiuza, Aitor Cañedo, Xian; Alberto Suárez, Caloi, Comis (Cora, min. 74); Gabri, Félix (Mintegui, min. 61) e Zamo (Vilas, min. 66).


Somozas: Marcos Souto; David, Antón, Noite, Álex Pérez; Gonzalo; Javichu, Carlos López (Belas, min. 77), Juan Martínez, Gerardo (Álex Díaz, min. 89); e Quique Cubas.


Goles: 0-1, min. 22: Quique Cubas; 1-1, min. 56: Comis, de penalti.


Primeira Galicia



Arcade 2-1 Portonovo


O Arcade arrincou unha merecida vitoria ante un bo Portonovo. Eloy adiantou aos locais na primeira metade. Os visitantes asediaron a portaría de Diego, ata que Francisco logrou o empate nos minutos finais, nunha falta lateral. Eloy, outra vez, marcou no tempo extra o tanto do triunfo. A vitoria deixa ao Arcade no 6º posto da táboa. O domingo xogará no campo doutro dos equipos da parte alta, o Pontevedra, que é 3º.


Primeira Feminina Galicia



Alertanavia 3-1 Arcadia


A derrota en Vigo leva ás de Arcade á parte baixa da táboa. A próxima xornada reciben no Salgueirón ao Viaxes Interrías fútbol Feminino, coas de Portonovo na parte alta da clasificación como segundas, único equipo que suma todas as xornadas con vitorias cunto co líder, o Deportivo Abanca B, co que están empatadas a puntos.


Segunda Galicia



Atlético Vilar 1-2 Goián


O Goián deu a sorpresa no campo de San Martiño, onde os de Mon Sanromán estaban invictos ata o de agora. Próximo encontro Tomiño-Atl. Vilar, cos anfitrións como pechacancelas, aínda non sumaron ningún punto.


A Lama 3-1 Cesantes


Dous tantos do "pichichi" Chito e un tanto de Javi Canda, de falta directa deron tres puntos ao A Lama. Cobi reduciu distancias para o Cesantes, que xogou cun menos desde o minuto corenta. O Cesantes segue como colista, aínda non conseguiu puntuar. O domingo recibirán en Redondela ao Caldas, equipo da metade baixa da táboa.


Terceira Galicia



Chapela 2-4 Val Miñor


O Val Miñor conseguiu adiantar na táboa ao Val Miñor, e levou os tres puntos do campo de Parada nun partido con moitos goles. A próxima xornada o Chapela volve xogar na casa, reciben ao S.Miguel, segundo clasificado.


Futbol Sala


Terceira División



Campito 2-2 Bueu


O Campito conseguiu arrancar un empate ante o Bueu, un dos equipos máis fortes do grupo, e suma así o seu primeiro punto da temporada. Na próxima xornada visitan o campo do Red Blue Vigo, xogarán en Coia ante o 6º clasificado.


Carballiño 2-3 Pazos


Importante vitoria para o Pazos, que se sitúa así como 4º clasificado. O sábado recibirán en Pazos ao Talleres ABC Vigo IES Coruxo, 3º da táboa, co que están empatados a puntos.


Preferente Sur



Copefri Beade 2-4 Redondela Maramar


Importante vitoria do Redondela en Beade, nun encontro con moitos goles. O resultado déixaos na 10ª posición da táboa. O sábado recibirán en Redondela ao Baiña Futbol Sala, 9º clasificado e que suma un punto máis que os redondeláns.


Balonmán


División de Honra Prata Feminina



Seis do Nadal 35-29 SAR Rodavigo


Resultado inesperado en Coia. As de Redondela comezaron gañando pero as viguesas foron quen de darlle a volta ao marcador, e conseguiron sumar os seus primeiros puntos da temporada.


Palencia Turismo 21-20 Cíes Chapela


O Cies Obra Civil Chapela deixouse dous puntos en Palencia tras ir gañando durante todo o partido até case o final. Na próxima xornada os dous equipos xogan na casa, a SAR recibe ao Zonzamas e o Chapela ao Xixón


Primeira Nacional Masculina



Ourense 32-32 Chapela


Reparto de puntos para Carnes do Ribeiro e o Rodosa Chapela. Foi un partido con moitas alternativas. O Rodosa dominou a primeira parte e foise ao descanso 11-17. Na segunda parte as Carnes do Ribeiro aos poucos foise achegando até porse por diante durante varios minutos. O Rodosa volveu porse por diante a falta dun minuto, pero os locais igualaron. O empate deixa aos de Fran Teixeira na 6ª praza do grupo. O sábado reciben ao OAR Coruña, un dos pechacancelas do grupo, que aínda non sumou ningún punto.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: