www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

Chapela e Teis volven á rúa para reclamar a fin da peaxe e as melloras comprometidas por Fomento
Sociedade • 1/10/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O anuncio de Fomento sobre unha inminente liberalización da peaxe entre Rande e Vigo lograra desmobilizar aos veciños. Con todo, nove meses despois e ante a ausencia de avances neste sentido máis de 300 veciños volveron saír á rúa este sábado para reclamar a eliminación da peaxe e outras demandas recorrentes como a conversión en urbano do tramo de acceso da autoestrada dende Padín, as pantallas acústicas e a reposición de camiños e servizos afectados pola ampliación da autoestrada.  Anuncian un calendario de mobilizacións de cara aos vindeiros meses.


"Todos segue igual que hai nove meses" lamentaba o presidente da Asociación de veciños de Chapela, Marcial Pérez, ao termo a manifestación que percorreu a distancia que separa a zona de Padín do ambulatorio de Chapela. O tramo da autoestrada que comunica Redondela con Vigo segue a ser de pago malia o compromiso adquirido polo anterior titular de Fomento, Iñigo de la Serna. Agora a reclamación vai dirixida ao socialistas José Luis Abalos que asumiu este ministerio tralo cambio de goberno. Insisten as asociacións convocantes que se trata "dunha cuestión de vontade política".


"Audasa ten amortizado con creces esta autoestrada e a ampliación foi tan só unha escusa para seguir subindo as peaxes" afirmaba Pérez ao tempo que lembraba o resto de reivindicacións dunha parroquia que segue esperando por "unha adenda que non chega, con camiños e servizos levantados por unhas obras que destrozaron unha vez máis o territorio sen logran compensación algunha a cambio".


Os máis de 300 veciños que particparon na marcha foran convocados conxuntamente polas asociacións veciñais de Chapela e Teix, cuxo presidnete, Anxo Iglesias insistía en que "o goberno de Mariano Rajoy enganóunos unha vez máis cando prometeu unha liberalización para o verán que nunca chegou". Agora temos un novo goberno pero tampouco vemos vontade política por atender as nosas demandas "a única explicación é que poñen por riba os intereses de Audasa na vez de dar prioridade aos intereses dos veciños".


Lembraba o acontecido na reunión celebrada a pasada semana cos técnicos e responsables de Fomento en Pontevedra "non teñen avanzado nada".


Ante esta situación anuncian a posta en marcha dun novo calendario de mobilizacións de cara aos vindeiros meses.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: