www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

O PSOE critica que a Alameda permaneza pechada á espera de ser cuberta con xabre
Política • 21/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Denuncian que a Alameda leva pechada semanas malia que xa está recepcionada polos servizos técnicos do Concello. Para os socialistas todo se debe a unha falta de xestión do goberno local a quen acusan ademais de estar demorando a apertura deste espazo co obxecto de buscar a "fotografía de campaña"  na recta final da campaña electoral das municipais.


A Alameda de Redondela leva pechada todo o verán por mor das obras aínda que durante estas últimas semanas non se está a realizar ningún traballo neste espazo. Ante este feito os socialistas solicitaron información sobre o estado da obra contestándolles dende o concello "que a obra de colocación dos bordos de pedra estaba recepcionada, é dicir, a obra realizada por unha empresa privada está rematada segundo o proxecto e xustificada polos servizos técnicos". Malia todo aínda se está a espera de que se recubra o chan con xabre. "Parece que a este paso o goberno do PP pensa abrir a Alameda ou a xa coñecida "obra do Escorial" cando comecen as choivas ou a recta final para a campaña electoral das municipais" continúan os socialistas "os populares buscan a fotografía de campaña pagada por todos".


Segundo os socialistas "resulta bastante lamentable que durante todo o verán os veciños non puideran gozar deste espazo de ocio, ao igual que o Goberno Municipal do PP de Redondela non mantivese durante sete anos a Alameda e deixara que se deteriorara ou permitise a instalación dunha pista de xeo no Nadal de 2016 que empeorou máis se cabe o xabre do centro da Alameda".


Ademais disto, os socialistas fan mención a unha subvención de 16.000€ para a Alameda que perdeu o goberno local "debido á falta de xestión".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: