www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

A Asociación de Afectados pola AP-9 reitera ante Fomento os compromisos do anterior goberno
Sociedade • 21/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O colectivo de afectados vén de remitir un escrito ao Ministerio de Fomento e Audasa reclamando o cumprimento das obras acordadas con respecto á ampliación da AP-9. Demandas entre as que se inclúen a eliminación da peaxe en Rande ou a realización das diferentes melloras e recuperación de camiños e servizos que se viron afectados polas obras de ampliación da autoestrada e que seguen sen seren reparados nove meses despois de que se abrira o terceiro carril da vía.


No escrito, que foi dirixido ao novo titular de Fomento, José Luis Ábalos, lembran "o compromiso en firme por parte do seu Ministerio co Concello e a Asociación de afectados de levar a cabo un investimento que roldaría os 6 millóns de euros" para a reparación e recuperación daqueles servizos que se viron afectados pola ampliación así como a inclusión de melloras que quedaran ao marxe do proxecto inicial como o ensanche da ponte de subida a Trasmañó e a instalación de pantallas acústicas anti ruido.


Recollen tamén outras demandas como a eliminación da peaxe en Rande. A apertura dunha saída da autoestrada na zona de Torres de Padín e que se manteñan as liñas de afección existente sen alterar as zonas de dominio público de Chapela


Unhas peticións que son tamén as reclamacións que levan a Asociación de veciños da parroquia a saíra rúa o sábado da vindeira semana, cando teñen convocada unha manifestación ás 19:00 horas dende Torres de Padín ata o ambulatorio de Chapela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: