www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 11 de Decembro de 2018

O BNG critica o "anuncio electoral" de Javier Bas sobre o traslado da depuradora
Política • 20/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González enmarca este anuncio nunha "campaña de mellora de imaxe do alcalde de Redondela" que segundo el non está pasando polos seus mellores momentos o que "forzou a unha visita protocolaria por parte do titular da Vicepresidencia da Xunta, Alfonso Rueda". Instan os nacionalistas ao rexedor local a reclamar "promesas electorais do pasado como o Patio Cuberto do Colexio de Santa Mariña".


Entenden no Bloque que "a proposta do traslado da depuradora dende o casco urbano a algunha das parroquias é un anuncio electoral en plena precampaña" e rexeitan o que "se estea a xogar cos veciños e veciñas, afectados por esta problemática". Afirma que Javier Bas ten na súa man a posibilidade de concretar en que lugar quere construír esta infraestrutura. "No borrador do Plan Xeral, principal instrumento de ordenamento urbanístico para a Redondela do vindeiros vinte anos, pode formular a súa proposta".


Segundo o voceiro existen moitísimas problemáticas ás que darlle resposta dende a Xunta, que dende a alcaldía deberían terse formulado "descoñécense prazos para outra propostas de Javier Bas como o Patio  Cuberto do Colexio Santa Mariña ou a renovacion do Peirao de Cesantes".


Recorda actuacións pendentes como a creación do terceiro xulgado para Redondela, medidas para a redución dos ruídos e insonorización no Viaduto a Pontevedra, os prazos definitivos para o Fogar Residencial de Cesantes, a dotación de pediatra no PAC Redondela ou as melloras na seguridade viaria na estrada que une Redondela con Amoedo, ao seu paso por Reboreda.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: