www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 19 de Xullo de 2018

O capitán Maravilla abraia a grandes e cativos
Cultura • 27/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O espectáculo, que serviu para pechar a programación do Festival Internacional de Artistas de Rúa, fai da improvisación e dos malabares os seus principais reclamos



Maxia, estatuas humanas, malabares e moito humor foron os ingredientes principais das dúas noites de espectáculos que se viviron na alameda redondelá co gallo da celebración da X edición do Festival Internacional de Artistas de Rúa.


O capitán maravilla foi o encargado de pechar esta edición cun espectáculo onde a interacción co público foi un dos ingredientes fundamentais


A música e os malabares encheron o escenario durante máis dunha hora ante un auditorio que participou activamente do espectáculo. Previamente, na praza do Concello actuaron os galegos Viravolta, teatro de cachiporra que tamén fixo as delicias dos máis pequenos.


Non faltaron as estatuas viventes: un pistoleiro do século XIX ou a máxica Boby-Ritsary, unha ninfa que levita a 30 centímetros sobre o chan. E como non, a música que correu a cargo do búlgaros Barroke Trío cun repertorio de música clásica ou a animada arpa de Marcos Molina, un colombiano que nos falaba da súa actuación


Un festival enmarcado dentro da programación das noites máxicas dos viadutos, que continúan esta fin de semana coa actuación o venres da compañía Clownic-100% tricicle quen actuarán este venres ás 23:00 horas no campo da feira.


Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: