www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

A Asociación de empresarios promove as novas tecnoloxías no comercio local
Sociedade • 17/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Estar presentes nas redes sociais e na web 2.0 é fundamental no mercado actual para poder ser competitivo. Para facilitar que os comerciantes locais acaden a dixitalización dende a Asociación de empresarios organizan esta semana un programa de charlas que arrancan esta mesma tarde ás 20:30 horas con Wajari Velásquez e un taller práctico sobre posicionamento SEO.


Ao longo de oito horas impartiranse nocións básicas en torno a posibilidade de poñer en marcha a venda a través de internet, daranse as explicacións necesarias para enriquecer as publicacións comerciais con imaxes e fotografías e farase fincapé en cal é o mellor xeito de empregar as redes sociais como instrumento de marketing.


Wajari Velásquez é o encargado de inaugurar o ciclo cunha actividade que se desenvolverá hoxe luns e mañá martes en horario de 20:30 a 22:30 horas na que falará de posicionamento SEO, é dicir, de como lograr que cando alguén realice algunha busca que poida ter relación co noso negocio, ser posicionado nos primeiros lugares nos buscadores. A través de talleres prácticos explicarase tamén como crear de xeito sinxelo unha páxina web ou unha tenda online.


Alba Sotelo será a encarga de falar o mércores, no mesmo horario, de cómo converter o teu móbil nunha ferramenta de marketing para conseguir o máximo impacto nas publicacións e, finalmente, o xoves será Berta Cortez quen falará de como e cando usar as redes sociais para atraer clientes ao noso negocio.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: