www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 6 de Xullo de 2020

A contracción do gasto augura menores vendas nas rebaixas do comercio local
Sociedade • 1/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Os descontos nalgúns comercios superan o 50%. As tendas asociadas á Asociación de Empresarios contarán cun servizo de ludo-escola durante os meses de xullo e agosto para facilitar a pais e nais as súas compras así como a conciliación da vida laboral e familiar dos propios comerciantes


A situación de crise na que se atopa sumida a economía fai prever unha diminución nas vendas neste inicio das rebaixas de verán. Así o estiman dende a Asociación de Empresarios de Redondela, onde apuntan que a situación meteorolóxica das últimas semanas foi moi prexudicial para o comercio xa que o que se pon a venda dende hoxe, nalgúns casos con descontos de ata o 70%, non son produtos en "stockaxe" senón prendas de tempada que non tiveron saída no mes de xuño.


Os comercios non repercutirán no consumidor a suba do IVE que entra hoxe en xa que a mercancía en rebaixas estaba xa nas tendas e pagouse co IVE antigo. Ademais para favorecer as compras e fidelizar ao cliente os comerciantes poñen en marcha dende hoxe e ata o 31 de agosto o servizo de ludo-escola que funcionará de xeito gratuíto no parque infantil Indiana Bill en horario de 10:00 a 13:00 horas.


A Ludo-escola terá unha duración de dous meses e será de luns a venres. As entradas apra acceder a este servizo estarán dispoñible nos comercios asociados. Os clientes poderán solicitalas ao facer as súas compras e entregalas no parque infantil Indiana Bill, hai que ter en conta que o número de prazas limitarase a un total de 100 por día. Cada entrada ten validez para un so día.


Os pequenos gozarán na ludoescola de piscinas de bolas, libros de debuxos e como novidade este ano incluirase un amplo programa de actividades diarias.


Un servizo do que poderán tamén facer usos tanto os propietarios como os traballadores dos comercios asociados

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: