www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

Charla sobre a violencia de xénero no Multiúsos da Xunqueira
Sociedade • 17/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación Mulleres en igualdade de Vigo celebra esta tarde ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira unha conferencia sobre a violencia contra as mulleres. Baixo o título "violencia de xénero, unha realidade oculta" o obxectivo é abordar esta temática que segue a ser un dos problemas de convivencia máis invisibilizados na nosa sociedade malia contar con máis recursos e medios.


Na charla falarase sobre aspectos clave sobre os motivos que dificultan que esta problemática sega a ser silenciada "facendo só visible as vítimas en moitos casos culpabilizándoas". Por este motivo e en colaboración co concello anímase a todas as persoas que sintan interese polo tema a achegarse a esta actividade e participar lembrando que a violencia de xénero existe ao noso arredor e que é labor de toda a sociedade actuar para erradicala, sendo o primeiro paso recoñecela e aceptar a súa existencia.


A entrada é de balde ata completar o aforamento.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: