www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 6 de Xullo de 2020

O Consello Parroquial de Chapela aborda a limpeza de Arealonga
Institucional • 1/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O presidente do Consello reitera que as praias se limpan de xeito correcto e diario respeitando a normativa ambiental que prohibe retirar as pedras do areal. O Consello, que se reunirá ás 20:00 horas, abordará tamén o vertido que se producía hai un mes procedente de Aucosa


Os membros do Consello parroquial de Chapela reuniranse esta tarde ás 20:00 horas nunha reunión extraordinaria solicitada dende a asociación de veciños quen demandan do Concello que se adopten medidas que controlar "os vertidos reiterados procedentes de empresas e embarcacións asentadas no litoral" así como "a mellora da limpeza que se realiza na praia de Arealonga".


Os veciños critican que o areal estea cheo de "cascallos, vidros e louza" motivo polo que xa realizaron dúas xornadas de limpeza reivindicativa.


Unha críticas que o edil de urbanismo e presidente do Consello, Emilio González Iglesias rexeita xa que asegura que a limpeza dos areais estase a realizar de xeito correcto e diario. Lembra que a normativa medioambiental prohibe retirar as pedras das praias e que estas sempre existiron na desembocadura do río.


Por outra banda o concelleiro asegura non entender que a Asociación de Veciños se concentre só na convocatoria de xornadas reivindicativas e non fagan labores de concienciación "para promover que os bañistas e usuarios das praias as manteñan limpas e libres de vidros".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: