www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Setembro de 2018

Unha subvención da Xunta permite contratar dez persoas en situación de exclusión social
Sociedade • 12/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A Xunta ven de conceder ao Concello unha subvención que ascende a 99.430,17 euros para a contratación de dez persoas perceptoras do RISGA durante 7 meses. Estes traballadores, que desenvolverán actividades de albanelaría e limpeza, contará cunha xornada laboral do 75%.


A Concelleira de emprego e benestar social, Mª Carmen Amoedo, valora moi positivamente a achega económica xa Xunta "esta subvención é moi importante para nós xa que supón introducir no mercado laboral a persoas perceptoras da RISGA que normalmente levan moito tempo fora deste mercado dándolles a oportunidade de seren independentes e vivir do seu propio traballo".


Estas persoas contratadas reforzarán aos servizos municipais xa que supoñen dez novos traballadores, tres postos de albanel e 7 peóns de limpeza.


Dende o Servizo Público de Emprego remitiron ao Concello de Redondela a lista de posibles beneficiarios destes postos de traballo e realizouse o proceso de selección e xa comezaron a traballar esta semana. Estes operarios rematarán o seu contrato no mes de abril.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: