www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Setembro de 2018

Medio Ambiente retirará as pedras na desembocadura dos ríos na praia de Arealonga
Sociedade • 11/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O goberno local nega as críticas da Asociación de veciños de Chapela quen denunciaron días atrás que o areal presenta "terras, pedras, cachos de ladrillos e restos de cascallos de obra". Explica o edil de medio ambiente, Miguel Ángel Álvarez, que tan só hai algunhas pedras arrastradas polo río no lugar no que desemboca pero que xa se colocou un pequeno muro nese punto para garantir que "este material quede alí amparado e evitar que fora arrastrado ao mar".  Aseguran que eses restos, concentrados nunha pequena área, será retirados en canto reciban o permiso de Costas.


Explica o responsable de Medio Ambiente que este material chega ao areal arrastrado dende o río cando se producen fortes chuvias "cando hai riadas os ríos erosionan e arrastran todo cara o mar, pero xa se adoptaron as medidas necesarias para que esas pedras non se espallen pola praia".


Engade que limpar a canle do río é moi difícil debido as características que presenta e garante o "bo estado de saúde da praia" tal como demostran os resultados das analíticas realizadas durante todo o ano e que se mantiveron sempre dentro dos parámetros aconsellables.


Lamenta finalmente que dende a Asociación de Veciños se traslade á cidadanía a idea de que a praia non está en perfectas condicións.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: