www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

Derrota do C.D. Choco en Laracha nunha xornada negra para o fútbol local
Deporte • 10/09/2018
Autor: Ana Prieto

Os de "Gonza" perderon pola mínima no encontro disputado en terras coruñesas. Un gol do Laracha aos tres minutos de xogo foi o único que subiu ao marcador nunyha xornada nefasta par ao fútbol local. Só o Arcade puntuou cun empate ante o Campolameiro, mentres que Vilar, Cesantes e Chapela perderon os seus respectivos encontros na estrea ligueira.


Terceira División


Laracha 1-0 Choco


Un gol madrugador de Ortuño, aos tres minutos de xogo, valeulle tres puntos ao Laracha. O mediapunta local aproveitou unha mala entrega de Cortegoso para roubarlle a pelota, encaralo e batelo. O Laracha apostou por repregarse e xogar á contra para combater o xogo de posición e ofensivo do Choco. Os redondeláns tenárono, pero faltoulles velocidade e algo de puntería para derrubar o muro dos locais. Félix botou arriba un remate e Gabri topouse con Alberto na primeira parte. Na segunda, Aitor Cañedo rematou fóra un saque de esquina na única ocasión do conxunto de "Gonza", que segue sen gañar neste inicio de tempada e só suma un empate. Na próxima xornada o Choco recibe ao Vilalbés, na metade alta da táboa ao sumar 7 puntos nas 3 xornadas disputadas, por tan só 1 do equipo redondelán.


Laracha: Alberto; Víctor, Parga, Antonio, Boedo (Ramsés, min. 63); Kanouté, David García; Iago Novo (Jiménez, min. 90), Ortuño (Javi Angeriz, min. 78), Sandá; e Iago Blanco.


Choco: Cortegoso; Yago, Miguel Fiuza (Mintegui, min. 71), Aitor Cañedo, Jacobo Lazcano; Alberto Suárez, Caloi, Comis; Cora (Nacho, min. 78), Gabri (Gabi Misa, min. 63) e Félix.


Gol: 1-0, min. 3: Ortuño.


Primeira Galicia



Campolameiro 1-1 Arcade


O Arcade adiantouse no difícil campo da Chanciña, a balón parado, pero Lima igualou para o Campolameiro só cinco minutos despois. Reparto de puntos nun encontro igualado. Na próxima xornada o Arcade recibe ao Dena.


Segunda Galicia



Xinzo 3-2 Atlético Villar


Miguel adiantou ao Villar, pero Bicho e Saúl remontaron para o Xinzo. Juan, de penalti, volvía pór as táboas ao final, pero no desconto marcou Sauro o tanto da vitoria. Estrea con derrota para os de Mon Sanromán, que na próxima xornada disputan o primeiro partido de liga na casa ante o R.Vilariño, colista logo de perder por goleada ante o Caldelas


Cesantes 2-4 Mosteiro


Comezou a liga o Cesantes cunha derrota no partido xogado en Santa Mariña, malia arrancar o partido por diante no marcador. Pero só 5 minutos despois o Mosteiro empataba. Seguiron atacando os visitantes e no minuto 15 chegaba de bolea chegaba o 1-2, e logo o 1-3. Conseguiu recortar distancias o Cesantes ao remate da primera parte co 2-3, pero no segundo tempo o Mosteiro entenciou o encontro cun gol de Brais. Na próxima xornada o Cesantes visita o campo do Romay.


Terceira Galicia



San Esteban 3-0 Chapela


Comezou tamén con derrota o Chapela, que a próxima fin de semana se estrea na casa ante o Peñasco, que gañou o seu primeiro partido goleando ao Moledo.


Futbol Sala Primeira Ronda da Copa Galicia



Bueu 7-6 Pazos de Borbén


Os de Pazos quedaron fóra da competición copeira na primeira ronda logo dun partido moi disputado que aw decidiu no último segundo. Os de Fran Amoedo preparan agora a liga, que comeza o próximo sábado.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: