www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Setembro de 2018

Remodelación dos parques infantís da Alameda e o Salgueiral
Institucional • 10/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Vén de reabrirse ao público o parte infantil da Alameda, ao carón do campo da feira, logo de que o recinto permanecera pechado por mor das obras de renovación do firme que se atopaba moi deteriorado. Non é esta a única actuación que afecta aos espazos reservados aos máis cativos, xa que este mes está previsto tamén unha renovación integral do parque infantil do Salgueiral cun investimento de 57.000 euros o que provocará o seu peche.


A nova zona infantil do Salgueiral renovarase máis profundamente coa instalación de novos elementos de xogo. Contará con tirolina metálica de máis de vinte metros de lonxitude, columpio cesta ademais de elementos de xogo adaptados. O parque contará con dúas áreas diferenciadas, unha con pavimento de céspede artificial con base amortiguada mentres que a outra será un areeiro con pas articuladas


O concello investirá nesta actuación un total de 57.000 euros que se financiarán cunha subvención da Xunta para a mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos municipais para o exercicio 2018.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: