www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 13 de Novembro de 2018

Cáritas instalará colectores de roupa en Redondela
Institucional • 7/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello e a Asociación veñen de firmar un convenio de colaboración no que se contempla a instalación de 8 colectores de roupa usada no noso municipio. Con este proxecto Cáritas ten como obxectivo a creación de postos de traballo de Inserción Socio laboral para a xestión do téxtil. Esta roupa será reutilizada e reciclada mediante unha empresa de inserción.


O Secretario Xeral de Cáritas José Antonio García Coba visitou na maña de onte Redondela para firmar un convenio de colaboración co Concello polo que se instalarán en diferentes puntos da vila 8 contedores de roupa usada.


Un proxecto que amplía a colaboración entre Concello e Cáritas que asinan anualmente un convenio de 15.000 euros cos que esta organización realiza actividades de atención aos usuarios, reparto de alimentos, axuda para o pago de alugueiros ou cursos de formación e sensibilización.


Un dos programas mais importantes que leva a cabo a asociación é a campaña de verán para a alimentación digna das familias con menores xa que en período de vacacións non asisten aos comedores escolares e é Caritas a que se encarga de proporcionarlles una alimentación completa e equilibrada.


O alcalde confirmou o seu compromiso de seguir "a colaborar con esta organización que realiza unha labor tan importante no noso Concello".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: