www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 13 de Novembro de 2018

Froles Mareliñas celebra a súa Festa Popular na Alameda de Chapela
Cultura • 7/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A VIII edición da Festa Popular na Alameda Rosalía de Castro arrancará ás 12.00 horas cunha mostra de boxeo nos xardíns da alameda e de balonmán na pista de deportes. Haberá sesión vermut cunha degustación gratuíta de mexillóns para todos os asistentes e ás 14.00 horas comezará o "xantar" popular no que se poderá degustar churrasco, chourizo e patacas a prezos populares nos postos instalados na alameda.


A tarde estará amenizada con actuacións folclóricas. Ás 19.30 horas realizarase unha clase de demostración gratuíta de bailes latinos a cargo de bailavigo e, unha hora máis tarde, comezará unha verbena coas actuacións da Asociación Cultural Sadeo, Os Carunchos, Froles Mareliñas e Naicosqueira. Ao remate, como é tradicional, terá lugar unha "foliada" popular.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: