www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Setembro de 2018

Imaxes dos anos 20 no Multiúsos coa mostra Unha mirada de antano
Cultura • 6/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

As fotografías de Ruth Matilda Anderson tomadas a mediados de 1920 chegan ao Multiúsos da Xunqueira coa mostra "Unha mirada de antano". Esta exposición inaugúrase este venres ás 19:00 horas e poderá visitarse ata o vindeiro 29 de setembro. Un proxecto no que colaboran o Concello de Redondela, Abanca e Afundación.


Os fondos que integran esta mostra proceden da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America, que alberga a colección de arte hispana máis importante fóra do territorio español.


As imaxes seleccionadas pertence ao relato documental que Ruth Matilda Anderson elaborou durnate a súa viaxe de investigación en Galicia entre os anos 1924 e 1926 a instancias do fundador de The Hispanic Society of America, o filántropo e hispanista Archer Milton Huntington.


A exposición, de entrada libre e gratuíta, poderá visitarse ata o 29 de setembro nas instalacións do Multiúsos no seu horario habitual de luns a domingo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: