www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 13 de Novembro de 2018

Agosto, tamén un mal mes para o emprego en Redondela
Sociedade • 5/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O último día do mes de agosto foi o peor que se lembra na última década en canto a destrución de emprego polo elevado número de traballadores que esgotaron os seus contratos laborais. Unha temporalidade no emprego que se fai sentir tamén en toda a nosa comarca, con 90 novas altas nas listas do paro en Redondela que conta con 1.746 persoas inscritas. Tendencia a alza en todos os concellos da comarca, con máis parados tamén en Soutomaior, Pazos e Fornelos.


Ráchase así cunha tendencia que se fora consolidando dende o pasado mes de febreiro, con paulatinas diminucións nos datos do desemprego mes tras mes. Remata o período estival e moitos contratos propios do verán tamén chegan ao seu fin, algo que se aprecia nos datos que nos deixan as estatísticas.


No caso de Redondela son 90 novas persoas buscando emprego situándose o número de desemrpegados inscritos nas listas do antigo Inem en 1746. A alza en Soutomaior concrétase en 26 novso desempregados, cun total de 567 persoas nesta situación. En Pazos de Borbén os inscritos son 260, nove máis que no mes anterior, mentres que en Fornelos de Montes o número de parados ascende de 126 a 130 persoas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: