www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Setembro de 2018

Alegan "cuestións de hixiene" para reprender unha veciña por non levar a parte de arriba do biquini
Sociedade • 4/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Os traballadores da instalacións da piscina municipal dos Tilos no concello de Teo dirixíronse a esta veciña de Redondela alegando que por "unha cuestión de hixiene" debía cubrirse os peitos. Un argumento que considera completamente absurdo tendo en contra que a ningún home se lle recrimina tal cousa cando levan o peito descuberto. Logo de presentar unha reclamación na propia piscina municipal, o responsable de deportes deste concello xa se puxo en contacto coa afectada lamentando o acontecido. Así se recolle na páxina de facebook da Asociación Feminista Paxaretas.


Os feitos producíanse o pasado 22 de agosto cando esta veciña pasaba a tarde na piscina municipal dos Tilos da localidade coruñesa. Unha vez na auga persoal das instalacións teríanse dirixido a ela para explicarlle que "non podía estar na zona de baño sen a parte de arriba, algo que sí podía facer na zona reservada as toallas".  A explicación que lle deron foi que se debía a unha "cuestión de hixiene". Ante esta argumentación e os feitos acontecidos decidiu presentar a correspondente reclamación.


O concelleiro de deportes da localidade, Jorge Carballido, púxose xa en contacto coa afectada a quen lle trasladou a súa "disconformidade co sucedido", informándolle de que xa se teñen "cursadas as instrucións para que non suceda de novo unha situación similar".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: