www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 9 de Xullo de 2020

Un lume forestal xunto ao Alto da Encarnación obriga a cortar o tráfico ferroviario
Sucesos • 30/06/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O incendio, que se producía ás 20:15 horas de onte, iniciouse preto de dúas vivendas. A rápida extinción do lume por parte dos servizos de emrxencias impediu que os inmobles se visen afectados.


Un lume nunha zona de matogueira situada xunto ao alto da Encarnación no límite entre Chapela e Trasmañó ameazou na tarde de onte a dúas vivendas da zona e obrigou a interromper o tráfico ferroviario durante media hora. O lume iniciábase pro causas que se descoñecen ás 20:15 horas nas inmediacións da vía ferroviaria e estendíase por unha leira particular con arborado e mato. A rápida intervención dos servizos contra incendios - camións do Grumir, Medio Rural e Bombeiros de Vigo ademais de dúas patrulla da policía nacional e local- permitiron sufocar as lapas rapidamente e en menos dunha hora dábase o lume pro controlado sen que chegase a afectar a ningunha das vivendas.

Comentarios
Carlos
Venres 2 de Xullo de 2010 ás 14:56 horas
As empresas multinacionais que ocupan cos seus recheos o noso litoral e obteñen cuantiosos beneficios en tempos de cirse en parte explotando laboralmente aos nosos traballadores en partre vendendonos a nos mesmos a súa mercadoría non poden destinar unha pequena parte dos seus beneficios a limpeza selectiva da vexetación circundante ás súas instalacións ainda que sexa para quedar ben co pobo que levanta as súas contas correntes?
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: