www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 13 de Novembro de 2018

Soutomaior retira máis de 90 niños de avespa velutina en catro meses
Sociedade • 3/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello tamén repartiu entre os veciños máis de 110 botellas de cebo líquido e 70 trampas domésticas. A retirada, comprendida dentro do plan municipal contra a avespa asiática, estenderase nos próximos meses e verase complementada por diversas iniciativas informativas e de entrega de trampas e cebos entre os veciños.


A retirada dos niños realizouse por diversos medios, dependendo da localización do niño e da dificultade para o seu acceso. Os máis comúns retiráronse con medios propios do Concello e grazas ao grupo de voluntarios que colabora co consistorio na campaña contra a velutina. Para retirar os que se atopan fóra do alcance das pértegas e medios cos que contan os operarios retiráronse a través dunha empresa especializada.


Ademais da retirada, desde a concellería de medio ambiente deuse aviso de dous niños situados en postes de empresas privadas e sobre as que recae a responsabilidade do mantemento.


Como apoio á retirada dos niños o consistorio estableceu dúas iniciativas de trampeo. A primeira consiste na repartición de máis de 70 trampas entre os veciños que o soliciten, 110 botellas de cebo líquido para encher as mesmas e 70 unidades de spray para os niños. A segunda ten como obxectivo garantir a seguridade dos veciños nas contornas públicas durante a época estival e comprende a instalación de 20 novas trampas en zonas especialmente sensibles como xardíns, parques infantís, zonas de praia e a contorna de edificios públicos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: