www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Setembro de 2018

Dous nenos resultan feridos leves durante a celebración da baixada de carrilanas de Arcade
Sucesos • 3/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Susto o que se vivía onte nesta parroquia de Soutomaior cando un dos participantes na proba colidía co seu vehículo contra un muro no que se atopaban algunhas persoas que se achegaran ao lugar a contemplar a curiosa competición. Dous nenos que se atopaban no lugar resultaron feridos aínda que afortunadamente de carácter leve.


O accidente produciuse nunha curva do circuíto no que os menores se atopaban seguindo a proba. Un dos pilotos perdía o control da súa carrilana e colidía contra o quitamedos. A consecuencia do impacto un dos pneumáticos colocados xunto o vial para protexer as carrilanas saltaba sobre os espectadores provocando a caía ao chan destes dous nenos que se atopaban enriba do muro, aproximadamente a unha altura de dous metros. Os servizos médicos que se atopaban no lugar atenderon aos rapaces que non presentaban feridas de consideración descartándose o seu traslado a un centro hospitalario.


A proba disputouse nun circuíto de aproximadamente un kilómetros polos viais do barrio de Arcade de Riba e é puntuable para a Copa Galega.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: